Que está a pasar?

Novas

O Camiño Inglés e a extensión a Fisterra, como itinerarios xacobeos que discorren integramente pola provincia, terán un especial protagonismo
luns, 13 Novembro, 2017
González Formoso destaca que, ademais dos valores espirituais, patrimoniais e culturais, “o Camiño ten unha relevante dimensión económica que non podemos pasar por alto”

O Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago acolleu onte a inauguración de Fairway, unha feira centrada na promoción do Camiño de Santiago, que reúne a máis de 100 marcas e 60 expositores na súa segunda edición.

O acto inaugural contou coa presenza do presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e o director territorial de Correos, Ángel Pérez, así como doutros responsables institucionais, entre os que figuraban a vicepresidenta da Deputación, Goretti Sanmartín, os deputados Antonio Leira e Bernardo Fernández, e numerosos alcaldes dos concellos galegos polos que discorre o Camiño.

González Formoso destacou "a importancia espiritual, patrimonial e cultural do Camiño de Santiago, que xunta o mellor de nós e que conta tamén cunha dimensión económica moi relevante que non podemos pasar por alto".

"Agora precisamos máis que nunca potenciar esa dimensión económica", afirmou o presidente provincial, que destacou a aposta da Deputación por promover, dentro e fóra do noso país, os distintos itinerarios xacobeos, e singularmente o Camiño Inglés e a extensión a Fisterra, dúas rutas que discorren integramente polo territorio coruñés, e que centran boa parte das accións de promoción turística do ente provincial.

Durante os tres días de duración do Fairway, representantes dunha trintena de turoperadores internacionais manterán 1.500 reunións de traballo con empresas e provedores locais, co obxectivo de cubrir a súa demanda de produtos e servizos.

 

O Xornal do Camiño

A Deputación distribuíu na mañá de onte entre os asistentes ao Fairway un xornal de 12 páxinas no que se recollen os aspectos máis relevantes da participación do ente provincial na feira, presentando dende entrevistas aos responsables políticos da Deputación e aos alcaldes dos concellos polos que pasa o Camiño Inglés, ata relatos sobre as iniciativas paralelas que se están a desenvolver ao redor deste itinerario, que afondan nas súas orixes e na súa relación co mundo anglosaxón.

 

Axenda para os vindeiros días

 

Hoxe, 13 de novembro, o Fairway contará coa participación dos deputados de Turismo e Economía, Xosé Regueira e Antonio Leira Piñeiro, que participarán en distintas actividades do Fórum.
Regueira participará ás 12.00 horas no relatorio "A xestión pública coordinada do Camiño é posible?", mentres que Leira intervirá ás 18.00 horas nunha mesa redonda na que se debaterá sobre a planificación, coordinación e dixitalización do Camiño Inglés.

luns, 13 Novembro, 2017
O Fairway estase celebrando desde domingo ata o martes no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago
venres, 3 Novembro, 2017
O 10 de novembro cúmprense 100 anos da existencia na Costa da Morte do faro comunmente coñecido como "Carrumeiro Chico".
venres, 3 Novembro, 2017
O Concello de Touro edita un novo folleto turístico con información do Camiño do Holandés
xoves, 2 Novembro, 2017
Participar nas primeiras Xornadas Enogastronómicas Culturais PicoTeo 2017, que continúa a súa celebración os próximos 3, 4 e 5 de novembro, ten premio.

Próximos eventos

Puntos de interese

Videoteca

  • Turismo da Deputación da Coruña
  • Torres do Allo 2de2
  • Torres do Allo 1de2
  • Torres de Altamira