Feira do Queixo

Desde o ano 2.000, vense celebrando no Concello de Abegondo a Feira do Queixo, onde se dan cita os mellores produtores locais de queixos artesáns. 
Febreiro
2º Domingo
A Coruña e As Mariñas » Abegondo
Festas gastronómicas
San Marcos
Produto: 
Queixo
Ano primeira edición: 
2000

Queixeiros e queixeiras dos concellos de Abegondo, Carral, Oza-Cesuras, Mesía e Ordes ofrecen á persoa visitante os queixos elaborados de forma tradicional, co emprego de leite cru e dotados de certificados de garantías sanitarias. 

Nesta feira lévase a cabo un concurso onde se elixen os mellores queixos de leite cru e tamén se poderá degustar outros produtos da nosa gastronomía así como gozar de distintas actividades musicais e de lecer.