Apertura do prazo da convocatoria de informadoras e informadores turísticos

Hoxe comeza o prazo para solicitar a subvención para o financiamento do gasto de persoal de informadoras e informadores turísticos para os concellos de menos de 50.000 habitantes. Os concellos da provincia da Coruña dispoñen ata o 19 de xaneiro para presentar solicitudes
mércores, 27 Decembro, 2017

A Deputación da Coruña destina 800.000 € a este programa co obxectivo de fomentar a creación de  novos postos de emprego nas oficinas de turismo da provincia. Ademais, a convocatoria persegue  potenciar a visibilidade e proxección do turismo nos concellos. Desde a sección de Turismo do ente provincial  trabállase para reforzar as oficinas de turismo con persoal cualificado, ademais de poder alongar no tempo o persoal adicado a estas actividades de promoción local.

É o terceiro ano que a Deputación saca esta liña de subvencións, con criterios de valoración completamente obxectivos e precisos no reparto dos fondos, valorando en gran medida o esforzo que os pequenos concellos realizan para promocionar, por en valor e difundir o seu territorio como é o feito de ter partida presupuestaria, oficina de turismo e plans de accións turísticas.

O ano pasado presentáronse un total de 52 concellos, dos cales 6 fixérono de forma agrupada e creáronse 65 postos de traballo nas oficinas de turismo.

 Máis información aquí.