Comeza o prazo para solicitar as axudas de mellora da calidade e fomento de actividades turísticos dirixido a entes de xestión, asociacións, mancomunidades e consorcios turísticos

O prazo de presentación estará aberto ata o venres, 9 de febreiro
venres, 12 Xaneiro, 2018

A sección de turismo da Deputación outro ano máis convocou o programa de subvencións que prevé axudas encamiñadas a mellorar a calidade e a competitividade turísticas, así como o fomento de actividades relacionadas con esta materia. As entidades que poden solicitar esta subvención son as seguintes:

– Os consorcios turísticos e mancomunidades, con domicilio fiscal na provincia da Coruña, que consten debidamente rexistrados con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2018.

– As asociacións turísticas que teñan como finalidade a xestión dun xeodestino, con domicilio fiscal na provincia da Coruña, que consten debidamente rexistradas con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2018 e que estean participadas, como mínimo, do 75% dos concellos do territorio do xeodestino.

– Outros modelos de entes de xestión turística nos que a cota de participación ou o capital maioritario sexa de carácter público e que consten debidamente rexistrados con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2018.

 – As asociacións sen ánimo de lucro que teñan nos seus estatutos como obxecto o turismo, realicen actividades turísticas, e manteñan oficinas de turismo operativas e atendidas, en edificios singulares ou significativos (museos, centros de interpretación, faros, castelos…).

Os solicitantes teñen de prazo ata o venres, 9 de febreiro. As solicitudes presentaranse de xeito telemática, na sede electrónica da Deputación da Coruña, a través da plataforma de subvencións da Deputación (Subtel).