Inaugúrase a exposición fotográfica "O mar de Carballo en catro estacións"

O xornalista Santiago Garrido amosa unha escolma da súa ollada polo litoral carballés
"O mar de Carballo en catro estacións", de Santiago Garrido
"O mar de Carballo en catro estacións", de Santiago Garrido
Costa da Morte » Carballo
luns, 18 Decembro, 2017

O mar de Carballo en catro estacións é unha exposición composta por cincuenta fotografías realizadas polo xornalista ao longo de varios anos, das que algunhas delas nos descobren os fermosos recunchos que agocha a costa de Carballo, coñecidos por moi poucos. Pode visitarse no corredor principal do Fórum no seu horario habitual ata o 31 de xaneiro.

Visitando a exposición pódese conseguir unha das cincuenta imaxes expostas, compartindo nas redes sociais co cancelo #omardecarballoencatroestacións, de xeito público e etiquetando Turismo Carballo en Facebook, Twitter e Instagram. A persoa que consiga máis "gústame" na súa publicación será obsequiada coa fotografía elixida.