A música protagoniza unha nova edición da Feira 1900

A nova edición desta feira histórica será os días 13, 14 e 15 do presente mes.
"Arteixo soa"
"Arteixo soa"
A Coruña e As Mariñas » Arteixo
venres, 13 Outubro, 2017

A XVIII Feira Histórica 1900 dedica este ano o seu repertorio de actividades á música, en forma de concertos e obradoiros, baixo o nome de "Arteixo soa". Serán vinte grupos os que animen as rúas arteixás na súa recreación desta volta ao pasado. A asociación Faíscas, a tuna de veteranos, a orquestra Cinema, os Claretes, Radio Cos, Xabier Díaz e as Adufeiras do Salitre xunto coa AXXiradela, a ACTriskell, Bule bule Band, Takikardia e o Dúo Adalid tamén amenizarán esta xa tradicional feira. Ademais tamén haberá baixada de carrilanas, xogos tradicionais e populares, a inevitable taberna de Picadillo, fútbol de época ou a concorrida cea baile volven un ano máis para protagonizar un dos eventos festivos marcados con tinta especial no calendario de Arteixo. 

A apertura do mercado 1900, que ten lugar este venres, 13 de outubro ás 17 h, abrirá esta XVIII edición na que se agarda, como cada ano, a visita de milleiros de persoas chegadas de distintos puntos da comarca e a comunidade galega. Esta nova edición terá lugar os próximos 13,14 e 15 de outubro. Podedes concultar o programa completo aquí, e para máis información, visitade a páxina web de Arteixo: www.arteixo.org.