O concello de Touro recupera o seu tradicional espazo de baños de Brandelos

Esta actuación sobre as augas de Brandelos é resultado dunha aposta firme por poñer en valor cada un dos recursos con que conta o termo municipal
Terras de Santiago » Touro
martes, 19 Decembro, 2017

A área recreativa de Brandelos termina o ano coas miras postas na pronta reapertura do seu espazo de baños para o goce das súas augas  sulfurosas. Así, o acondicionamento levado a cabo no seu exterior foi complementado coas obras de mellora no seu interior, sempre na procura do maior confort dos usuarios.

Tamén se buscou documentar o uso destas augas ao longo da historia, ao mesmo tempo que se recollían apuntamentos das súas festas e a súa antiga feira. Referencias que se poden consultar no libro de firmas que estará a disposición dos usuarios e que calquera interesado poderá consultar na páxina web do Concello de Touro.

Para máis información prema nos seguintes enlaces:

Concello de Touro

Turismo de Touro