Presentación na Casa Casares Quiroga da exposicion "Olladas ao Camiño Inglés"

Presentación na Casa Casares Quiroga da exposicion "Olladas ao Camiño Inglés" o próximo martes, 12 de setembro.
A Coruña e As Mariñas » A Coruña
luns, 11 Setembro, 2017

Trátase dunha exposición de 34 augatintas realizada por José Manuel Yañez, sobre o patrimonio construído máis significativo do camiño inglés nas súas dúas modalidades de partida: Ferrol e A Coruña, ata Santiago de Compostela.

O próximo martes 12 de setembro ás 19:30 o deputado de Turismo Xosé Regueira e o concelleiro Alberto Lema inauguran a exposición sobre o camiño inglés co obxectivo de por en valor a ruta de peregrinaxe.

A exposición estará na Casa Casares Quiroga ata o 30 de setembro e posteriormente trasladarase por máis concellos da provincia.