Programación anual de turismo científico "Observer 2017-2018"

O Concello de Rianxo leva a cabo a programación anual de turismo científico Observer entre o 2017 e o 2018.
Programación turismo científico "Observer 2017 2018"
Programación turismo científico "Observer 2017 2018"
Ría de Arousa Norte » Rianxo
venres, 29 Setembro, 2017

O Concello de Rianxo organiza un total de dez actividades de turismo científico "Observer" dende o verán de 2017 ata a primavera de 2018. O obxectivo principal é ampliar a oferta turística para rianxeiros e visitantes fomentando o coñecemento do medio natural.

Con esta nova modalidade turística ligada á ciencia, sumada a outras innovacións previstas, Rianxo aspira a acadar o selo de destino de turismo científico. Nestas xornadas, afondarase en temas tan variados como o medio mariño, a astronomía, a paleontoloxía, a arqueoloxía, a botánica, a ecoloxía ou a xeoloxía.

Máis información na páxina web e no correo electrónico: medioambiente@concelloderianxo.gal