RE LAXE SE 2018

En marcha a programación do RE LAXE SE 2018, o programa de desestacionalización do turismo do Concello de Laxe.
Programa Relaxese 2018
Programa Relaxese 2018
Costa da Morte » Laxe
venres, 26 Xaneiro, 2018

Comeza a programación do Re LAXE SE para o 2018 co Inverno gastronómico. Durante os meses de xaneiro,febreiro e marzo, haberá actividades relacionadas co mundo da gastronomía e a enoloxía, talleres, excursións, degustacións, catas profesionais... Podedes consultar o programa completo no seguinte enlace

Ademais, póñese en marcha o I Concurso de Carteis "Rosario da Boa Morte", con motivo da Semana Santa de Laxe, e máis concretamente coa celebración do Rosario da Boa Morte. Podedes consultar as bases aquí