Batáns do Mosquetín

Os batáns do Mosquetín é un conxunto de arquitectura civil composto por tres batáns e seis muíños. 
Batáns do Mosquetín
Batáns do Mosquetín
Patrimonio provincial
Costa da Morte » Vimianzo

Os batáns do Mosquetín é un conxunto de arquitectura civil composto por tres batáns e seis muíños. 

Situados no Concello de Vimianzo ao carón do Río Grande, conforman unha mostra etnográfica ao redor do aproveitamento da auga para a industria artesanal. 

Os batáns, usados para abatanar os tecidos, normalmente as pezas de liño e la, son edificacións típicas dos séculos XVIII e XIX que hoxe en día non son doadas de atopar nos nosos ríos. 

Os muíños, edificacións tradicionais para moer o gran, foron de grande importancia nas economías locais e abundan ao longo da xeografía galega. 

Este conxunto de arquitectura etnográfica foi rehabilitado pola Deputación da Coruña no ano 1997 converténdose nun centro de interpretación aberto a calquera persoa que o queira visitar. 

 

HORARIOS DO 16 DE SETEMBRO AO 31 DE DECEMBRO:

Entrada gratuíta.

Aberto todos os días de 11:00 a 18:00

 

Teléfono de atención a visitantes (de luns a venres): 981 716 354 (ext. 1235)

Máis info: Turismo de Vimianzo: turismo@vimianzo.gal

Coa colaboración do Concello de Vimianzo