Centro etnográfico de Teixeiro (Curtis)

O Centro etnográfico de Teixeiro acolle un centro de formación e interpretación ao redor do río Mandeo e a súa ribeira.
Centro etnográfico de Teixeiro
Centro etnográfico de Teixeiro
Patrimonio provincial
Terras de Santiago » Curtis

O Centro etnográfico de Teixeiro acolle un centro de formación e interpretación ao redor do río Mandeo e a súa ribeira.

Este centro de visitantes ofrece unha función formativa a través de aulas, cursos e talleres e divulgativa a través do centro de interpretación, a través do cal se pon en valor o patrimonio cultural e etnográfico da conca do Mandeo.

Neste centro ofrécense visitas didácticas especialmente orientadas a xente moza en idade escolar. Conta cunha museografía moderna e interactiva posta ao servizo da persoa visitante que mediante a observación e a experimentación poderá aprender cousas por si mesma.

 

HORARIO DE VISITA DO 1 DE OUTUBRO AO 31 DE DECEMBRO:

 

De martes a venres de 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 19:00.
Os sábados e domingos de 10:00 a 13:00.
Luns e festivos, pechado

 

Teléfono de atención a visitantes: 981 789 589

Coa Colaboración do Concello de Curtis