Barrio da Magdalena

Ferrolterra e Eume » Ferrol

Unha ruta para descubrir a forma e o sentido dunha estrutura urbanística única en Galicia: o barrio da Magndalena. O plano urbanístico deste barrio foi aprobado por Carlos III no ano 1761 e é un dos exemplos máis singulares da arquitectura racionalista do século VIII. É pois, o prototipo de cidade da Ilustración, planificada e racional.

Ás veces o máis próximo é o menos coñecido, por iso imos pasear polo centro de Ferrol para coñecer a historia, a forma e o sentido que ten o Barrio da Magdalena, unha estrutura urbanística única en Galicia e que val a pena que as nosas pequenas e os nosos pequenos coñezan.

Esta visita pode combinarse cunha visita a algún edificio destacable como o teatro Jofre, o centro cultural Torrente Ballester ou a Concatedral de San Xiao.

Datas: Baixo petición

Horario: Baixo petición

Duración: Dúas horas aproximadamente

Guía: Si

Prezo: 2,50€ por escolar

Nº de prazas: Sobre 50 escolares

CONTACTO DIRECTO CON FERTUR

Teléfono: 696531070

Correo electrónico: ferturguias@yahoo.es