Entradiña:
Presentación na Casa Casares Quiroga da exposición "olladas ao camiño inglés" o próximo martes 12 de setembro
A Coruña e As Mariñas » A Coruña
Imaxe:

Monday, 11 September, 2017
Descrición:
Trátase dunha exposición de 34 augatintas realizada por José Manuel Yañez, sobre o patrimonio construído máis significativo do camiño inglés nas súas dúas modalidades de partida: Ferrol e A Coruña, ata Santiago de Compostela.
O próximo martes 12 de setembro ás 19:30 o deputado de Turismo Xosé Regueira e o concelleiro Alberto Lema inauguran a exposición sobre o camiño inglés co obxectivo de por en valor a ruta de peregrinaxe.
A exposición estará na Casa Casares Quiroga ata o 30 de setembro e posteriormente trasladarase por máis concellos da provincia.