III Concurso de Fotografía Móbil ”Enfoques do Allo”

Arranca o III Concurso de Fotografía Móbil ”Enfoques do Allo” do 1 de xullo ao 20 de agosto en Zas
Costa da Morte » Zas
01 Xullo a 20 Agosto
Torres do Allo

O III Concurso de Fotografía Móbil ”Enfoques do Allo” ten como obxectivo promocionar o pazo máis antigo de Galicia. Non dubidedes en vir ás Torres do Allo e sacar unha fotografía ou varias do 1 de xullo ao 20 de agosto. Ademais, podedes optar a premio!

A participación é de balde e non require de inscrición previa. Simplemente é necesario enviar as imaxes ao enderezo de correo electrónico enfoques@torresdoallo.gal. As 10 imaxes mellor valoradas subiranse ás nosas redes sociais oficiais Facebook e Instagram. As que obteñan máis “gústame” poderán gañar un dos tres premios que temos para vós, dotados de 100, 75 e 50 euros cada un.

Lembrámosvos que os horarios de visita das Torres do Allo son de 11 h a 20 h de luns a venres e de 11 h a 21 h durante as fins de semana na tempada estival, por si queredes facer fotografías do interior. Tamén podedes concursar con fotografías dos exteriores no caso de que queirades utilizar algún tipo de luz diferente. Acudide a facer as vosas fotografías e non dubidedes en participar!

Máis información aquí