Rutas guiadas pola Costa de Dexo- Serantes en Oleiros

O Concello oferta rutas guiadas polo Monumento Natural Costa de Dexo- Serantes
Costa de Dexo- Serantes
Costa de Dexo- Serantes
A Coruña e As Mariñas » Oleiros
04 Xullo a 28 Setembro
Costa de Dexo- Serantes

Durante os meses de xullo, agosto e setembro o Concello de Oleiros oferta rutas guiadas gratuítas polo Monumento Natural Costa de Dexo-Serantes. As persoas interesadas en apuntarse deberán reservar a súa praza chamando ao teléfono 981 618 154. As visitas realizaranse os mércores, xoves, venres e sábados pola maña. Os técnicos municipais de turismo amosarán os valores naturais, culturais e etnográficos deste marabilloso espazo protexido.