Abertas inscricións para o VI Congreso Nacional de Ecoturismo, que terá lugar nas Mariñas Coruñesas

Entradiña: 
Baixo o lema “Cara á neutralidade en carbono”, o VI Congreso Nacional de Ecoturismo analizará, do 18 ao 20 de outubro de 2022 na Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo (A Coruña), a situación actual do sector e os pasos para seguir para conseguir esta necesaria meta
A Coruña e As Mariñas » Bergondo
Imaxe: 
luns, 12 Setembro, 2022
Descrición: 

A Deputación da Coruña colabora na organización deste evento coa Secretaría de Estado de Turismo (MINCOTUR), a Secretaría de Estado de Medio Ambiente (MITECO), a Asociación de Ecoturismo en España, a Xunta de Galicia e a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

A necesidade de loita contra o cambio climático está máis presente que nunca, por iso é polo que o ecoturismo avoga por seguir consolidando un cambio no actual modelo do sector turístico cara a produtos máis sostibles e comprometidos co planeta.

O  Pazo de Mariñán, e os seus xardíns, acollerán aos congresistas durante os dous primeiros días deste evento que contará con ponencias de primeiro nivel e que contará con catro mesas centradas en: como organizar e impulsar o produto Ecoturismo en España e nas comunidades autónomas; ecoturismo na Red Natura 2000; normativa específica para o ecoturismo e ecoturismo perirurbán.

Do mesmo xeito, a Deputación, xunto cas restantes institucións que promoven o congreso, organizan un fam trip para operadores de turismo e axentes de viaxe especializados que coñecerán Mariñas Coruñesas de primeira man e participarán nunha mesa de contratación cunha selección de congresistas.

Especial protagonismo terán tamén os productos da Marca de Calidade Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e os cociñeiros/as locais certificados.