Aberto o prazo da 6º edición do concurso "Buscando escenarios de lectura pola provincia da Coruña"

A Biblioteca da Deputación colaborando coa sección de Turismo, abren o prazo da 6ª edición do concurso "Buscando escenarios de lectura pola provincia da Coruña"
xoves, 12 Xullo, 2018

Este concurso consiste en que o participante saque unha fotografía dun recuncho da provincia onde goce da lectura no tempo de lecer. Esa fotografía debe ser subida nas Redes Sociais poñendo o hashtag  #hoxeleoen e o lugar onde foi realizada, ademais do título do libro que están a ler.

O prazo esta aberto dende o día 15 de xullo ata o 26 de agosto, entrando no sorteo dunha viaxe a París.

Goza da provincia acompañado dun libro!