Abre a exposición "o Castelo de Moeche a través dos seus achados"

Unha selección do material arqueolóxico atopado no castelo de Moeche volve a este polo 650 aniversario da súa construción.
Exposición "O castelo de Moeche a través dos seus achados"
Exposición "O castelo de Moeche a través dos seus achados"
Ferrolterra e Eume » Moeche
mércores, 16 Setembro, 2020

O castelo de Moeche celebra o seu 650 aniversario cunha exposición formada por parte de aqueles materiais que foron descubertos no castelo dende comezos dos anos 90. Obxectos cerámicos, numismáticos e literarios que encaixan no castelo como peciñas dun crebacabezas cuxa resolución ven a descubrirnos a historia non so do castelo, se non de todo o territorio galego entre os séculos XV e XVIII. Os vaivéns do poder na Galicia moderna e medieval, os modos de vida dos seus habitantes e a evolución tipolóxica da nosa cultura material serán os eixes explicativos dunha exposición que se atopará no castelo ata o 15 de novembro, e que poderá visitarse de Martes a Venres de 11:30 a 13:30 e de 16:30 a 19:30, mentres que Sábados, Domingos e Festivos estará aberta de 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:00.

Máis información chamando ao 981 40 40 06, ou enviando un correo electrónico a ramon.carballeira@moeche.gal