Aínda podes gañar unha noite no parador de Muxía con #hoxeescriboen

Ata o 31 de agosto escribe un relato e presume do teu concello no concurso do verán.
venres, 28 Agosto, 2020

Faltan moi poucos días para que remate o concurso do verán!  Saca a túa creatividade á rúa e móstranos o teu concello dun xeito orixinal, poderás gañar unha noite para dúas persoas con cea, almorzo e acceso ao spa no recentemente inaugurado Parador de Muxía.

Desde a Biblioteca Provincial e Turismo da Deputación da Coruña queremos animarte a que escribas e saques á luz o teu talento creativo, ao mesmo tempo que fomentas o patrimonio do teu concello: redacta un relato ambientado ou referido ao concello no que vives, pode estar relacionado coa historia local, con unha lenda, con unha tradición do teu pobo, con un persoeiro destacado, cos valores positivos do teu concello, a riqueza natural, cultural ou medioambiental... calquera aspecto que axude a destacar o lugar no que vives. Presume do teu concello dentro da provincia da Coruña!

Envía entre catro e dez folios, acompañados dun máximo de 3 fotografías que axuden a ilustrar o relato e estén localizadas no teu concello, a biblioteca.info@dacoruna.gal xunto cos teus datos peroais. Consulta antes as bases completas con atención!

En setembro un xurado valorará os relatos e fotografías e fallará o premio. Tes ata o 31 de agosto para enviarnos a túa participación. Agardámoste!