Amplíase a oferta de Xeorutas en Ortigueira cunha nova data en setembro

Debido á boa acollida amplíase a oferta cunha ruta máis o 4 de setembro: A Xeo-Ruta dos Volcáns.
Ferrolterra e Eume » Ortigueira
luns, 17 Agosto, 2020

XEORUTA DOS VOLCÁNS 

Hai máis de 470 millóns de anos, en todo o litoral de Loiba había numerosos volcáns con eurupcións moi explosivas e violentas. A día de hoxe, aínda se poden apreciar nas rochas esas pegadas ceixadas polos volcáns. Do mesmo xeito é posible observar cantos rodados que hai millóns de anos viaxaban en grandes icebergs, cando esta zona estaba próxima ao Polo Sur.

Esta apaixoante historia pódese ver e vivir en Ortigueira, a través das rutas xeolóxicas que se ofrecen. Debido á boa acollida, ampliouse a oferta cunha data máis o 4 de setembro de 2020.

A ruta ten unha duración estimada de 3 horas e unha distancia de 6 km. 

Inscricións no blogue rutasxeoloxicasgalicia.blogspot.com  https://docs.google.com/forms/d/1Zil6Ax7FS8hxsdUu3jxMbfuUL4-MCHMrR4T4xBzGkxs/edit?usp=sharing

XEORUTA DAS LAVAS 

Nas inmediacións do pobo mariñeiro de Espasante atópase un excepcional conxunto de materiais que foron orixinados por erupcións volcánicas submariñas hai máis de 400 millóns de anos, cando toda esta zona formaba parte do fondo dun antigo océano. Pero tamén poderán ollarse estruturas xeolóxicas que evidencian a alta deformación que sufriron as rochas de esta zona de Ortigueira. 

Duración: 3 h. Distancia: 4 km. Dificultade: Baixa 

Inscrición online: 

https://docs.google.com/forms/d/1hohUAPZLPtAHdYz4oKvCkueG9aNoHsvtGblTz1dF6cY/edit?usp=sharing

XEORUTA DOS PENIDOS 

Nesta parte da serra da Capelada atopamos o maior afloramento de ecloxitas de todo o noso planeta, unhas rochas de récord que se orixinaron a máis de 100 quilómetros de profundidade, onde a presión é moi alta e iso permite que se formen os diamantes. Pero tamén visitarase o espectacular Pozo do Inferno e o macizo dos Penidos, un miradoiro natural con fermosas vistas panorámicas sobre a ría de Ortigueira

Duración: 4 h. Distancia: 8 km. Dificultade: Media 

Inscrición online: 

https://docs.google.com/forms/d/1uRaGwr0SNaXEM-RenAAfE3uDwU4ddtk4iPGqTynLeUI/edit

Datas: consultar calendario (parte superior dereita do blog) 

Prezo: 13€ (15€ sendo <16 persoas)                   Prazas: 20 

Para calquera cuestión: rutasxeoloxicasdegalicia@gmail.com ou por whatsapp no número 652 264 529