Ao longo deste mes de agosto iluminarase, de novo, a fervenza do Ézaro

Ven gozar do espectáculo audiovisual da Fervenza do Ézaro!
martes, 30 Xullo, 2019

A Fervenza do Ézaro é todo un recurso natural, un tesouro que para moitos era un gran descoñecido. Dende hai uns anos pode verse no seu máximo esplendor e agora máis se cabe. Un espectáculo audiovisual fai que a Fervenza do Ézaro poida ser gozada dende outra óptica poñendo a funcionar os sentidos; a vista e o oído son os grandes protagonistas nas noites dos sábados e vésperas de festivos de agosto.

AGOSTO:

  • Sábado 3
  • Sábado 10
  • Mércores 14
  • Sábado 17
  • Sábado 24
  • Sábado 31

Lembra que o espectáculo audiovisual é dende as 23:00 ata as 00:00h.

Que non cho conten!!

#DumbríaéTurismo