APERTURA DO AQUAPARK DE CERCEDA O 1 DE XULLO.

O 1 de xullo da comezo a campaña 2020 do Aquapark de Cerceda, será unha campaña marcada polos criterios sanitarios a seguir para minimizar a potencial trasmisión do Covid-19, e proporcionar un ambiente de seguridade e salubre nas instalacións do recinto do parque acuático.
Terras de Santiago » Cerceda
luns, 29 Xuño, 2020

A campaña vai ter unha duración dos meses de xullo e agosto, e manterá os horarios e as tarifas da campaña 2019.

Como novidades para a  prevención do Covid-19, ampliamos o espazo de zona de toallas, alfombra desifectante o acceso ao parque, hidroxeles de desinfección o acceso as atraccións, control de aforo con un número máis baixo do permitido e a distrubución do persoal,ampliado o número, de tal xeito que se  leve  un control do mantemento de distancias e limpeza de xeito máis rigoroso. A todos estos cambios iremos engadindo os que se nos esixan para o desenvolvemento dunha activiade segura para as persoas que nos visiten e para os/as nosos/as traballadores/as.

Tódalas novidades relacionadas cos novos protocolos de actuacións e decisións que se vaian tomando que afectaran os/asusuarios/as do parque acuático van irse comunicando a través destas vias:

      Páxina oficial do Aquapark:

Redes Sociais:

  • Facebook: Aquapark Cerceda e Turismo Cerceda
  • Instagram: turismo.cerceda