Apertura do Aula da Mar e da Oficina de Turismo do Concello de Oleiros

Esta semana abriu ao público a Aula do Mar de Mera e a Oficina de Información Turística de Santa Cristina.
A Coruña e As Mariñas » Oleiros
venres, 19 Xuño, 2020

A partir desta semana xa se poden visitar a Aula do Mar de Mera e a OIT de Santa Cristina en Oleiros.

Oficina de Turismo

  • De mércores a sábado: 10:00 – 14:30 / 17:00 – 20:00
  • Domingos: 10:00 - 14:30

Aula do Mar

  • Martes: 17:00 – 20:00
  • De mércores a domingo: 10:00 – 14:30 / 17:00 – 20:00

Debido a situación provocada polo COVID-19 e ata nova orde, o aforo en ambos centros está limitado. Na oficina de turismo só poderá estar unha persoa e no Aula do Mar, o aforo queda reducida a seis persoas.

Ademais, no caso da Aula do Mar, o sistema para acceder ao centro é o seguinte:

-          Teñen prioridade de acceso aquelas persoas que soliciten cita previa a través do teléfono 981618154 ou en turismo@oleiros.org (solicitar con un día de antelación).

-          Se a persoa non ten cita previa o acceso será por orde de chegada sempre e cando haxa prazas dispoñibles.

Coa intención de garantir que o maior número de persoas poida acceder á Aula do Mar, establecerase un tempo máximo de visita de 25 minutos repartidos nos seguintes horarios:

-          Mañás: 10:30, 11:00, 11:30, 12:00, 12:30, 13:00, 13:30, 14:00

-          Tardes: 17:30, 18:00, 18:30, 19:00, 19:30

O uso de máscaras é obrigatorio en ambos centros, así como gardar a distancia de seguridade e seguir os itinerarios recomendados no caso do Aula do Mar.