Entradiña:
É un castelo medieval do século XV, sito na parroquia de San Xurxo de Moeche, na comarca de Ferrol
Ferrolterra e Eume » Moeche
Imaxe:

xoves, 22 Abril, 2021
Descrición:
O castelo de Moeche levántase no fondo do Val do mesmo nome, alumeando aínda de noite a todos os veciños e veciñas que nel conviven, como reflexo dos fachos que un día prenderon nos muros do castelo froito da furia dos Irmandiños.
A oficina de turismo do Castelo abre durante o mes de abril :
Sábados, domingos e tamén o día 23 de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas.
Durante o mes de maio, amplíase o horario:
Ademais de sábados e domingos no mesmo horario ca abril, abrirá mércores, xoves e venres de 16:30 a 19:00 horas.
De momento, non hai visitas guiadas.
Para calquera dúbida, está a disposición do cidadán o teléfono 618 634 231 ou o correo electrónico turismo@moeche.gal
Seguídeo en Instagram!!!! @turismodemoeche