Apertura do Castelo de Moeche para a tempada 2020

O Castelo de Moeche reanuda a súa actividade o sábado, 20 de xuño
Fachada do castelo de Moeche
Fachada do castelo de Moeche
Ferrolterra e Eume » Moeche
xoves, 18 Xuño, 2020

Tras a finalización do Estado de Alarma e a entrada no período de “nova normalidade”, o castelo reabre as suas portas este sábado 20 de xuño para dar así comezo a tempada de verán.

Farao cumplindo con todas as directrices contidas no protocolo de medidas para a redución do contaxio polo coronavirus Sars-Cov-2 en museos e sitios patrimoniais, e coas recomendacións preventivas de saúde laboral ante o coronavirus nas oficinas de información turística da Xunta de Galicia. Deste xeito, o aforo do castelo queda limitado a 15 persoas, que poderán pagar tanto á sua chegada ó castelo como de maneira telemática (concertando este tipo de pago co concello chamando ao 981 40 40 06, coa extensión núm. 6).

O horario de verán do castelo de Moeche dará lugar a apertura de martes a venres de 11:30 a 13:30 e de 16:30 a 19:30, mentras que sábados, domingos e festivos farao de 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:00, a excepción do período comprendido entre o 20 de xuño e o 1 de xullo, no que o castelo non abrirá os martes pola mañá.

Máis información na páxina web do concello de Moeche: https://moeche.gal