Aproveitando o grande escaparate de FIT, a Provincia da Coruña toma estes días o concello de Guarda (Portugal) cunha exposición de fotos dos seus destinos de terra e mar

Do xoves 2 ao luns 6 de maio, os visitantes da Feira Ibérica de Turismo Guarda atoparán 7 estruturas que amosarán as fotografías icónicas dos 6 destinos provinciais
venres, 3 Maio, 2019

O Parque Urbano do Río Diz de Guarda convertese estes días no nodo de ligazón social, comercial e estratéxica entre España e Portugal. Aproveitando a proximidade xeográfica e cultural de Galicia e esa rexión portuguesa e grazas aos acordos entre a organización de FIT e Turismo da Deputación na pasada edición de Fitur, a provincia da Coruña é convidado de honra.

Ademais da intensa programación de actuacións dos concellos coruñeses ao longo dos días 2, 3, 4 e 5 de maio, a Deputación ten habilitada, na entrada do recinto feiral, unha grande exposición de 7 estruturas con fotografías da provincia e os xeodestinos de Ferrolterra, A Coruña e As Mariñas, Terras de Santiago, Costa da Morte, Ría de Muros e Noia, e Ría de Arousa Norte.

Agunhas das imaxes corresponden ao banco de Loiba antes os cantís do proxecto de Xeoparque de Ortegal, á fermosa vista aérea da histórica vila de Betanzos, á Catedral de Santiago na pictórica praza do Obradoiro, ao surf na praia de Razo, ao ancestral castro de Baroña e á impoñente panorámica das dunas e o complexo humido de Corrubedo.

Estade atentos aos canles de Twitter, Facebook e ás historias de Instagram. Amosarase os fitos desta asistencia –de honra–.