Arranca o II Concurso de Fotografía Móbil “Enfoques do Allo”

As Torres do Allo, no concello de Zas, volverán a abrir as súas portas ao II Concurso de Fotografía Móbil ”Enfoques do Allo”
Costa da Morte » Zas
mércores, 4 Xullo, 2018

Arranca II Concurso de Fotografía Móbil ”Enfoques do Allo”. Do 1 de xullo ao 20 de agosto está aberto o prazo de recepción de fotografías no enderezo enfoques@torresdoallo.gal.

Organiza a túa visita a Torres do Allo e demostra a túa ollada de artista con esa foto única que che fará gañar o 1º premio dotado con 100 euros.

Consulta os horarios de visita para conseguir aproveitar a mellor luz do día. 

Máis información das bases do concurso aquí