A Asociación de Concellos do Camiño Inglés celebra o éxito que tivo a Andaina Primavera no Camiño con máis de 420 persoas.

O luns 6 de xullo tivo lugar unha Asemblea Extraordinaria da Asociación de Concellos do Camiño Inglés na sala Juanjo Gallo da Deputación da Coruña.
A Coruña e As Mariñas » A Coruña
mércores, 8 Xullo, 2020

Asemblea Extraordinaria da Asociación de Concellos do Camiño Inglés na sala Juanjo Gallo da Deputación da Coruña. Alí déronse cita case a totalidade dos concellos que conforman a Asociación para valorar o transcurso da Andaina Primavera no Camiño celebrada o sábado 4 de xullo: Estamos moi agradecidos a todos os concellos e a súa poboación por unha resposta tan positiva, fomos máis de 420 persoas os que participamos na reapertura do Camiño Inglés Seguro” – comentou o presidente da Asociación Manuel Mirás. Tamén participou Cambre, que na actualidade non é membro da Asociación pero “agardan que pronto se una Cambre, xunto con Culleredo para entre todos apostar por un Camiño Inglés homoxéneo” apuntou Mirás.

Así mesmo, ratificouse por unaminidade a adhesión do Concello da Coruña como membro da entidade, representado por Juan Ignacio Borrego, concelleiro de turismo e Lanzada Calatayud, xerente do consorcio da Coruña. Están sendo momentos de gran colaboración entre os concellos membros da Asociación. Na reunión trataron temas de gran relevancia para a planificación e promoción do Camiño como son futuros eventos “A primavera no Camiño que non se puido celebrar, será en Outono en Ferrol” , anunciou o presidente da entidade. Así mesmo están estudando como dar resposta a grupos de peregrinos organizados que queiran percorrer o Camiño e outras accións de interese común para a posta en valor da ruta xacobea. Pola súa banda o Deputado Provincial Economía e Facenda, Antonio Leira, en representación da ente como membro amigo afirmou que o “apoio desde fai anos da Deputación co Camiño Inglés é constante, tanto dende a institución como o meu compromiso persoal”. Dou conta dos proxectos onde a Deputación apoia ao Camiño coma un convenio de mellora do acondicionamento da ruta e todo o traballo que se ven desenvolvendo no norte e sur de Inglaterra dende fai anos.

Rematou Manuel Mirás apuntando que “Estamos nun momento de gran cooperación entre todos nós. Seguiremos sumando e loitando aínda máis si cabe por situar ao Camiño Inglés no lugar no mundo que se merece”.