Entre estas actividades en colaboración coa Asociación Mar de Fábula, a Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas pretende facer un chamamento a todos os veciños e voluntarios para limpar o Coidal do Vilán e os accesos ao faro. A data da limpeza é o vindeiro día 11 de xuño ás 11:00 h. e o punto de encontro é no aparcamento do Faro. Recomendan ás persoas que acudan con luvas tipo xardinería.
Confían en que esta actividade teña unha boa acollida e así contribuír entre todos ao coidado e respecto da natureza; xa que a Asociación conta co apoio do concello de Camariñas para a realización da mesma.
A efectos de cobertura de seguros e medidas sanitarias compre apuntarse con nome, apelidos e DNI no correo: asociacionempresarioscamarinas@gmail.com ou ben chamando ao 647608158.