A Asociación de Municipios do Camiño, a Deputación da Coruña e a Fundación Podoactiva impulsan o programa “Aos pés do peregrino"

O proxecto, foi presentado o martes 21 de setembro no Monte do Gozo,e está a ser impulsado pola Asociación de Municipios do Camiño de Santiago da man da Fundación Podoactiva, co apoio da Deputación da Coruña e a colaboración da Xunta de Galicia
O proxecto "Aos pés do peregrino"
O proxecto "Aos pés do peregrino"
mércores, 22 Setembro, 2021

A Unidade Móbil da Fundación Podoactiva desprázase ata as localidades coruñesas O Pino, Arzúa e Melide e a propia Santiago de Compostela para dar cobertura podolóxica aos peregrinos do Camiño Francés.

O proxecto: "Aos pés do peregrino: Unidade Móbil podolóxica no Camiño de Santiago" coidará da benestar dos peregrinos durante todo o mes de setembro e parte de outubro nos municipios coruñeses de Santiago de Compostela, O Pino, Melide e Arzúa. Así o presentaron este martes a Asociación de Municipios do Camiño de Santiago ( AMCS), a Deputación da Coruña e a Fundación Podoactiva.
O acto tivo lugar no Albergue de Peregrinos do Monte do Gozo e contou con Antonio Leira, deputado provincial, Manuel Taboada, alcalde do Pino; Xosé Igrexas, tenente de alcalde de Melide; e Miguel Subirá, director xerente da Fundación Podoactiva.

Antonio Leira, deputado de Facenda da Deputación da Coruña manifestou que a afluencia de visitantes do Camiño Francés xustifica a necesidade de atención das necesidades dos peregrinos para mellorar a súa experiencia no Camiño. Ademais, o deputado provincial ha resaltado o apoio da Deputación á Asociación de Municipios do Camiño de Santiago, que realiza un importante labor de difusión do Camiño e é un exemplo de colaboración entre as distintas administracións.

Manuel Taboada, alcalde do Pino e membro da AMCS agradeceu que esta actividade "que pon o foco de novo nos peregrinos e en ofrecerlles os mellores servizos posibles" recaian en municipios da Coruña grazas á intercesión da Deputación da Coruña por aplicar un proxecto da Asociación de Municipios que integra a 107 municipios de todo o Camiño Francés.

Pola súa banda Xosé Igrexas, tenente de alcalde de Melide indicou que "esta iniciativa afunde as súas raíces no labor asistencial que se realizaba en moitos dos mosteiros e albergues co lavatorio dos pés aos peregrinos". "A acollida tradicional ao peregrino trasladada ao século XXI é o que nos trae hoxe aquí", afirmou.