A Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia organiza unha serie de visitas guiadas gratuítas con motivo da celebración do Día Internacional do Guía de Turismo o próximo 21 de Febreiro

Na provincia da Coruña son tres as cidades que participan: A Coruña, Santiago de Compostela e Ferrol
martes, 12 Febreiro, 2019

Con motivo da celebración do Día Internacional do Guía de Turismo o próximo 21 de Febreiro, a Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia APIT ten previstas unha serie de visitas guiadas gratuítas a diferentes puntos de interese de Galicia. Na provincia da Coruña son tres as cidades que participan: A Coruña, Santiago de Compostela e Ferrol

Na Coruña haberá unha visita á Cidade Vella que comeza na estatua de María Pita ás 12h e outra aos xardíns de Méndez Núñez ás 17h dende o Obelisco. Ao final da visita poderanse facer doazóns en beneficio de AFACO.

En Ferrol haberá unha visita ao museo da Construcción Naval ás 11:30h dende a entrada Exponav. Ao final da visita poderanse facer doazóns en beneficio da Cociña Económica. 

Por último, en Santiago de Compostela haberá unha visita á Cidade Histórica ás 12h e 16h dende a Praza das Praterías e, ao final da visita poderanse facer doazóns en beneficio dunha ONG aínda por confirmar.

O persoal da APIT distinguirase cun paraugas amarelo nos puntos sinalados.