

A praza de Armas de Ferrol acolleu hoxe a cuarta edición da feira Primavera no Camiño Inglés, unha iniciativa promovida pola Deputación da Coruña e a Asociación de Concellos do Camiño Inglés para poñer en valor os múltiples atractivos etnográficos, culturais, naturais e gastronómicos desta ruta, que conecta Ferrol e A Coruña con Santiago de Compostela.
Ao respecto da ruta xacobea, Valentín González Formoso sinalou que "os Camiños sirven para unir, teñen esa forza" e que o Camiño Inglés "é unha oportunidade de revitalización económica para ás vilas mais pequenas". Defendeu ademais un "turismo seguro e sostible que converta a Galicia nun dos destinos máis atractivos para os vindeiros meses a nivel nacional e internacional".
Na inauguración institucional participaron tamén o presidente da Asociación de Concellos do Camiño Inglés, Manuel Mirás, o alcalde de Ferrol, Ángel Mato, e o delegado da Xunta, Gonzalo Trenor
O evento contou cunha programación cargada de actividades organizadas por tódolos concellos adheridos á Asociación (A Coruña, Abegondo, Betanzos, Cabanas, Carral, Fene, Ferrol, Mesía, Miño, Narón, Neda, Ordes, Oroso, Paderne, Pontedeume e Santiago de Compostela). Estas actividades foron dende showcookings ou catas, ata actuacións de música ou obradoiros infantís e para adultos, pasando por paseos en barco ou poni.