Carnota acolleu por segundo ano a Mostra Internacional de Cinema Documental “Mares da Fin do Mundo”

Fin de semana de Cinema Documental sobre o medio ambiente e a pesca sostible en Lira, Carnota
Celebración da II Mostra Internacional de "Mares da Fin do Mundo"
Celebración da II Mostra Internacional de "Mares da Fin do Mundo"
Costa da Morte » Carnota
luns, 2 Decembro, 2019

O venres 29 comezaba a II Mostra "Mares da Fin do Mundo" dedicado ao audiovisual galega. Ás 17:00 horas tiña lugar o acto de inaguración onde o alcalde, Juan Manuel Saborido e o director da Mostra, Marcos Gallego, aprobeitaban para agradecer aos asistentes, entidades colaboradoras e patrocinadoras, especialmente á Deputación da Coruña, por facer posible esta segunda edición de “Mares da Fin do Mundo”.

Nesta xornada do venres tamén estiveron presentes os directores de tres das catro películas proxectadas: Xacobe Meléndrez Fassbender, autor de No borrar da memoria, Carlos Prado Pampín, director de Homes de Xeo, e Manuel Lógar, director de Entre a onda e a rocha. Cada un deles presentou o seu filme e atendeu ás preguntas dos asistentes. A xornada asisitiu o director Adrián Canoura, cuxa curtametraxe Salitre nas veas proxectárase na xornada anterior.

O sábado comezamos ás 17:00 horas coa entrega de premios do II Concurso de Fotografía Mariñeira e coa proxección do vídeo-resumo dos traballos realizados na Escola de Cinema “Mar de Lira”, para dar paso despois ás proxeccións da sección internacional: Dende Francia, A onda da alma (La vague à l’âme), de Sébastien Daycard-Heir e Bertrand Dévé, seguida do documental brasileiro Mulleres das augas (Mulheres das Águas), de Beto Novaes, e concluír co filme do aclamado Rupert Murray (Reino Unido) O remate da liña (The end of the line).

Como peche final, tivo lugar o recital de poesía mariñeira da man de poetas da Costa da Morte de gran relevancia como Francisco Fenández Naval, Alexandre Nerium, Xosé Iglesias, María Lado e Manuel de Lago.