Chega o último trimestre do programa "Relaxese 2017"

Entradiña: 
"Nove meses, nove actividades turísticas no Museo do Mar de Laxe".
Imaxe: 
Programa Relaxese 2017
xoves, 28 Setembro, 2017
Descrición: 

Cando se fala dun desenvolvemento sostible con respecto ao turismo, un dos conceptos de maior importancia é o da desestacionalización. E Relaxese é un proxecto pensado precisamente con ese obxectivo. Este programa que organiza a Concellería de Comercio, Hostalería e Turismo do Concello de Laxe busca favorecer a desestacionalización da oferta e a demanda turística do municipio. Neste senso, véñense celebrando en cada un dos meses do ano unha serie de actividades relacionadas cunha temática turística específica. Así, o mes de xaneiro dedicouse ao turismo científico; febreiro ao turismo gastronómico; marzo ao turismo enolóxico, e os meses de abril, maio e xuño dedicáronse aos turismos cultural, ornitolóxico e mariñeiro respectivamente.

Acabado o verán, chégalle a quenda ao derradeiro trimestre deste ano, no que desenvolveranse diferentes actividades como conferencias, exposicións e visitas guiadas, entre outros, relacionadas co turismo arqueolóxico, ecolóxico e arquitectónico para os meses de outubro, novembro e decembro respectivamente. Nos primeiros días do mes de outubro publicaranse as actividades que terán lugar.

Máis información sobre o municipio e sobre o programa na súa páxina web.