Comeza o horario de tempada baixa nas Torres do Allo

A partir do luns 17 de setembro as Torres do Allo cambian o horario de apertura
Costa da Morte » Zas
martes, 18 Setembro, 2018

 A partir do luns 17 de setembro e ata o 15 de xuño do ano que vén (salvo Semana Santa), o monumento das Torres do Allo abrirá os sábados, domingos e festivos en horario de 11:00 da mañá a 19:00 da tarde. As visitas guiadas gratuítas seguirán sendo á 13:00 e ás 17:00; non é necesario facer reserva.

Continúarase coas actividades para toda a familia ; o Xogo de Pistas "Os Segredos Ocultos nas Torres" que se pode realizar a calquera hora en horario de apertura e tamén sen reserva previa. 

Este outono dará comezo o Programa Didáctico das Torres do Allo enfocado á comunidade educativa con visitas guiadas adaptadas a cada tramo de idade e obradoiro escolares como Sementes do Allo, Escudo de Familia, a Xincana do Allo, e Tecendo a miña Roupa. Estas actividades realizaranse os venres e son totalmente gratuítas baixo reserva previa por parte dos centros escolares. Dende a web www.torresdoallo.gal pódese descargar o cartafol con todo o programa didáctico, consultar os novos horarios de apertura, e permanecer atentos ás actividades especiais que se realizan durante todo o ano no monumento do Concello de Zas.