Comeza o Verán Cultural de Dombate

Esta fin de semana comeza a programación do Verán Cultural en Dombate
Costa da Morte » Cabana de Bergantiños
xoves, 9 Xullo, 2020

O Centro Arqueolóxico Dolmen de Dombate será o epicentro das actividades culturais en xullo e agosto en Cabana de Bergantiños. Esta fin de semana comeza a programación cos seguintes eventos:

VENRES 10 DE XULLO:

Visita guiada nocturna ao Dolmen de Dombate

Guiada por Iria Haz Picallo, historiadora da arte

  • 10 xullo ás 23:00
  • Actividade gratuíta
  • Aforo limitado
  • Inscrición previa enviando nome e teléfono de contacto a: dombate2020@gmail.com

 

SÁBADO 11 DE XULLO

Obradoiros de Prehistoria en Dombate

Esta fin de semana volven os obradoiros de Prehistoria ao Centro Arqueolóxico Dolmen de Dombate con Galipat Servizos Culturais:

  • Sábado, 11 de xullo: 'As cores de Dombate' e 'Alumeando a mámoa' 
  • Dúas sesións: 11:00 e 12:30
  • No exterior do Dolmen de Dombate
  • Aforo limitado -10 persoas-
  • Non é necesaria inscrición previa

Visitas teatralizadas cos Quinquilláns en Dombate

Un ano máis Os Quinquilláns serán os protagonistas de ‘O tempo das pedras’, visita teatralizada ao carón dos piñeiros do Centro Arqueolóxico Dolmen de Dombate:

  • Sábados de xullo e agosto ás 18:00 e 19:30 (dous pases)
  • Entrada gratuíta ata completar aforo (non é necesaria inscrición previa)

 

DOMINGO 12 DE XULLO

Arqueociclismo: Roteiro en bici polo chan de Borneiro

  • Saída ás 11h do aparcadoiro do Dolmen de Dombate
  • Aforo limitado
  • Necesaria inscrición previa enviando nome e teléfono a: dombate2020@gmail.com