A comunidade intermunicipal do ‘Parque do Megalitismo’ reuniuse no dolmen de Dombate para nomear a presidencia do proxecto ao concello de Dumbría

O mércores, 28 de novembro, a sección de turismo e 10 concellos da Costa da Morte nomearon a José Manuel Pequeño coma presidente para a conservación e desenvolvemento de 14 dolmens
xoves, 29 Novembro, 2018

O proxecto do Parque do Megalitismo xorde coa idea de promover a conservación e desenvolvemento do patrimonio megalítico ao redor de 14 dólmens catalogados nos concellos de Cabana, Carballo, Dumbría, Laracha, Laxe, Malpica, Mazaricos, Ponteceso, Vimianzo e Zas.

Así, o 20 de novembro de 2018 os alcaldes destes dez concellos xunto co deputado de Turismo e Patrimonio, Xosé Regueira firmaron o convenio para levar a cabo dito plan e fixan a contía orzamentaria en 500.000 €.

Oito días máis tarde, o 29 de novembro, tivo lugar a primeira a reunión no Centro de Interpretación do Dolmen de Dombate (Cabana de Bergantiños): -A catedral do megalitismo- e eixo motriz da estratexia ao redor do proxecto de conservación e desenvolvemento deste patrimonio ancestral. A mesa constituíuse polos representantes da deputación:  Xosé Regueira (deputado de Turismo), Rafael Díaz Aguado Jalón (xefe de servizo de Promoción económica), María Teresa Loureiro (xefa de servizo de Turismo); e José Manuel Pequeño (alcalde de Dumbría). A reunión da comunidade municipal contou tamén cos alcaldes e concelleiros dos 10 concellos onde se inscriben estes xacementos.

Xosé Regueira comezou nomeando, en base ao convenio da comunidade intermunicipal, ao presidente da comunidade intermunicipal do proxecto, José Manuel Pequeño, por ser o concello de Dumbría o de menor poboación. De seguido comezou un debate para propoñer as liñas estratéxicas máis importantes desde a partida orzamentaria da Deputación. Entre elas, distínguense "a habilitación e sinalización de terreos e sendeiros, -a negociación de compra dos terreos onde se inscriben os 14 dolmens que nomean o proxecto- e a búsqueda de empresas inscritas na provincia da Coruña para deseñar a identidade corporativa ou logo do Parque do Megalitismo da Costa da Morte".

O secretario da reunión, Rafael Díaz-Aguado resaltou a importancia administrativa e estratéxica da comunidade intermunicipal para unir forzas entre concellos «un exemplo disto xustifícase no éxito de cada un dos 10 proxectos que constitúen o Plan de Patrimonio 2020 da sección de Turismo da Deputación».

Xosé Regueira finalmente rematou a reunión corroborando a oportunidade de desenvolvemento turístico  a través da conservación do patrimonio e a natureza onde se atopan estes icónicos dolmens: Pedra Moura de Aldemunde en Carballo; Casa dos Mouros en Dumbría-Vimianzo, A Fornella dos Mouros en Laxe; Pedra da Arca en Malpica; Mina da Parxubeira en Mazaricos; Pedra Moura de Monte Carnio, Pedra Cuberta, Casota de Berdoias, Arquiña de Vilaseco, Pedra de Lebre ou de Serramo, Mina de Recesindes, Rabós en Vimianzo; Pedra Vixía e Arca da Piosa en Zas. O Dolmen de Dombate ou "catedral do megalitismo", aínda que teña o seu propio plan director, será o recurso alicerce clave no proxecto.