Concurso de verán #hoxeescriboen

Relatos e fotografías dos concellos da Coruña (8ªed) do 15 de xullo ao 31 de agosto 2020.
#hoxeescriboen
#hoxeescriboen
venres, 17 Xullo, 2020

Xa está aquí o concurso de verán para todas as persoas lectoras da provincia da Coruña! Saca a túa creatividade á rúa e móstranos o teu concello dun xeito orixinal, poderás gañar unha noite para dúas persoas con cea, almorzo e acceso ao spa no recentemente inaugurado Parador de Muxía.

Desde a Biblioteca Provincial e Turismo da Deputación da Coruña queremos animarte a que escribas e saques á luz o teu talento creativo, ao mesmo tempo que fomentas o patrimonio do teu concello: redacta un relato ambientado ou referido ao concello no que vives, pode estar relacionado coa historia local, con unha lenda, con unha tradición do teu pobo, con un persoeiro destacado, cos valores positivos do teu concello, a riqueza natural, cultural ou medioambiental... calquera aspecto que axude a destacar o lugar no que vives. Presume do teu concello!

Envía entre catro e dez folios, acompañados dun máximo de 3 fotografías que axuden a ilustrar o relato e estén localizadas no teu concello, a biblioteca.info@dacoruna.gal xunto cos teus datos peroais. Consulta antes as bases completas con atención!

En setembro un xurado valorará os relatos e fotografías e fallará o premio. Tes ata o 31 de agosto para enviarnos a túa participación. Agardámoste!