O vindeiro domingo, 1 de novembro, o Concello de Zas celebra en Torres do Allo o Samaín para toda a cativada. Este ano teremos contacontos e un obradoiro de zonchos
Costa da Morte » Zas
xoves, 29 Outubro, 2020
Esta xornada lúdica está orientada ás nenas e nenos de entre 4 e 12 anos, é de balde. Haberá dúas quendas e dous grupos de catro participantes en cada quenda:
-1ª quenda de 11:00 a 13:00;
-2ª quenda de 16:00 a 18:00.
Para poder participar é imprescindible inscrición previa nas seguintes instalacións municipais:
- Centro Sociocultural de Zas, 981 751 398. No seguinte horario: de luns a venres de 9:00 a14:00.
- Centro Sociocultural de Baio, 981 718 056. No seguinte horario: de martes a venres de 15:00 a 21:30, sábados de 10:00 a 18:000.
Todos os participantes traerán a súa propia máscara e será obrigatorio o seu uso ao longo de toda a actividade. Cumprirase a normativa sanitaria vixente.
Máis información: Concello de Zas, tel. 981 708 303