Culleredo será o segundo concello que acolla as actividades incluídas dentro da iniciativa “Do Camiño Vivido´19”

As actividades que abranguen as xornadas participativas de creación artística ao redor do Camiño Inglés proseguen no concello de Culleredo
A Coruña e As Mariñas » Culleredo
venres, 26 Abril, 2019

O concello de Culleredo será o segundo protagonista que recolle a testemuña do programa dinamizador do Camiño Inglés chamado “Do Camiño Vivido´19” nos días 27 e 28 abril. Nestas datas desenvolveranse en Culleredo as actuacións tanto da cantante e compositora galega-suiza Nastasia Zurcher como de Paula Quintas CIA. Traspediante.

A cantante Nastasia en compaña do seu arreglista Adrián Saavedra será a primeira en dar comezo a súa actuación o día 27 de abril, que terá lugar na Avenida de Galicia no Burgo ás 20.30 horas. O seu concerto leva o nome de “Un camiño de fusión e liberdade”, onde se presenta unha función musical baseada nos seus dous albumes de estudio “My flight” e “Beat”, e que abarcará estilos musicais tan diferentes como son o neo soul ou pop folk.

O seguinte día na Praza de Galicia no Burgo á 13.00 será o turno de Paula Quintas CIA. Traspediante, que nos ofrecerá un espectáculo de danza-circo para tódolos públicos. “Analepsis”, nome co que amosa o seu espectáculo, combina danza contemporánea e  funambulismo sobre cable, ao ritmo da música, interaccionando co espazo e cos estímulos externos.