A Deputación da Coruña asiste como convidada de honra á Feira Ibérica de Turismo en Guarda (Portugal)

Do 2 ao 5 de maio vaise celebrar a Feira Iberica de Turismo cun amplo programa de actividades
mércores, 24 Abril, 2019

A Deputación da Coruña será, este ano a convidada de honra na VI Feira Ibérica de Turismo de Guarda o que supón todo un privilexio á hora de promover os recursos turísticos da provincia neste evento de especial interese e impacto.

Xosé Regueira destacou na presentación desta feira “os lazos que unen Portugal e Galiza, en especial os séculos de historia en común, a lusofonía e o Atlántico e a importancia que ten o turismo para manter e incluso mellorar esta situación”.

A Sección de Turismo da Deputación da Coruña preparou un amplo programa de actividades có fin de dinamizar a feira. Promocionarase a paisaxe, artesanía, ocio, cultura, patrimonio ou gastronomía dos concellos da provincia. Así, contarase no espazo do stand de Deputación, con degustacións da gastronomía tradicional e contemporánea como pan e empanada de Carballo ou o queixo de A Capela e Moeche, así mesmo showcookings da man dos afamados chefs da asociación Coruña Cociña. Ademais, por parte de Buño achegará unha mostra da súa olería, o mesmo ca Malpica coas súas redeiras e Camariñas coas palillerias, ata vai estar un contacontos.

Tamén, nas salas do propio recinto de FIT, contarase con presentacións e actuacións os días 3, 4 e 5 a cargo do concello de Vimianzo, Muxía, Laxe e Oroso.

Non podedes perder a diversidade e calidade da oferta turística dos concellos da Coruña en canto a recursos naturais, culturais, gastronómicos e artesanais.