A Deputación da Coruña asiste por primeira vez a San Sebastian Gastronomika, a feira de gastronomía máis relevante do panorama nacional

A gastronomía da provincia coruñesa estará representada en Gastronomika polo chef Fernando Agrasar (propietario de As Garzas), o requeixo da Capela, a marmelada de Pemento de Padrón, a empanada de polbo mugardés e o pan de Carballo
xoves, 20 Setembro, 2018

A Deputación participa na vixésima edición de Gastronomika, dende o 8 ao 10 de outubro en San Sebastián. Cheffs e destinos turísticos nacionais e internacionais, reúnense no palacio de congresos Kursaal, de San Sebastián, para dar a coñecer os pratos referentes da súa oferta gastronómica.

Aproveitando a distinguida visibilidade deste evento grazas ao encontro dos mellores restauradores, medios de comunicación, profesionais do sector da hostalería e restauración, coñecidas marcas de produtos gastronómicos, e  un público en crecemento exponencial, a Deputación vai poñer en releve a gastronomía coruñesa. Como cifra interesante do alcance de Gastronómika, no pasado 2017 asistiron 1.567 congresistas, 14.000 visitantes de 37 nacionalidades diversas e 412 periodistas.

Enmarcado nunha ampla programación cun relatorio no congreso ou showcooking destes cociñeiros de renome, é unha feira onde os visitantes se atoparán con degustacións, talleres e concursos.

A provincia da Coruña representarase polo relatorio do Chef do restaurante As Garzas (Malpica), e as degustacións do requeixo da Capela, a marmelada de Pemento de Padrón, a empanada de polbo mugardés e o pan de Carballo.

A área de Turismo participará cun stand onde, tamén, se ofrecerá información turística xeral da provincia e os 6 xeodestinos, ademais de información específica dos produtos, feiras e tradicións gastronómicas enmarcadas en cada unha das súas localidades. Sen dúbida, as degustacións da Capela, Padrón, Mugardos e Carballo, será unha parada de obrigado cumprimento para este esixente público.

Fernando Agrasar, baixo o título “Realismo Atlántico”, ten como cometido defender a cociña coruñesa e promocionar o seu atractivo turístico, canalizando o prestixio certificado coa estrela Michelin do seu restaurante -As Garzas-, en Malpica de Bergantiños. O restaurador realizará un prato típico para 350 persoas acompañado de alimentos ou bebidas dos concellos da provincia.

Neste sentido, este evento é unha oportunidade estratéxica de posicionar os recursos gastronómicos da provincia coruñesa no panorama turístico internacional e, máis especificamente, entre os destinos gastronómicos da fachada atlántica.

Come, Sinte, Disfruta!