A Deputación da Coruña asistirá á 40º edición de Expovacaciones Bilbao

Esta fin de semana a Deputación da Coruña mostrará as ofertas turísticas dos distintos concellos da provincia
xoves, 9 Maio, 2019

Os días 10, 11 e 12 de maio terá lugar unha edición maís da feira Expovacaciones no recinto Bilbao Exhibition Centre-BEC! en BarakaldoA Deputación da Coruña  estará presente co seu stand para amosarse como destino de escapada este verán. Para conseguir o seu obxectivo de posicionamento decantarase por unha promoción dos atractivos turísticos que se reparten nos seus seis xeodestinos. Tamén, contará cunha atractiva e novedosa programación de showcookings que prepararán os cociñeiros Chisco Jiménez e David Fariña da asociación Coruña Cocina. Os visitantes terán o pracer de degustar os produtos como son as zamburiñas con millo e broa e arroz meloso de caballa marinada, entre outras especialidades dos chefs.

Atentos aos canles de TwitterFacebook e ás historias de Instagram para estar ao día con todo o que acontece na feira.