A Deputación da Coruña asistirá ao primeiro Festival Marítimo de Pasaia

A Deputación da Coruña será, xunto coas demais provincias galegas, o invitado de honra do Festival Marítimo de Pasaia
xoves, 17 Maio, 2018

O Festival de Pasaia vai celebrarse dende o xoves 17 ata o domingo 21 de maio no concello guipuscoano de Pasaia. A temática deste evento xira ao redor do sector náutico, tratándose dunha oportunidade única de coñecer as embarcacións tradicionais de diferentes puntos de Europa e, tamén, para posicionar o noso valioso recurso litoral e mariñeiro no panorama internacional. Entre as súas augas e barrios pesqueiros da pequena baía que caracteriza a singularidade desta localidade, os visitantes atoparán cunha ampla variedade de actividades culturais, musicais e gastronómicas.

Galicia é o invitado de honra desta primeira edición debido a importancia da rexión no sector marítimo ademais de polo gran número de traballadores galegos chegados a Pasaia para traballar na pesca. Neste sentido a Deputación da Coruña vai ofrecer información turística dos recursos turísticos xerais da provincia e o proxecto DORNA, o cal fomenta a conservación e promoción do patrimonio náutico do litoral galego dende unha perspectiva de sustentabilidade económica e diversidade cultural. Ademais, dende a proactividade dos concellos da provincia coruñesa, vanse a realizar obradoiros das redeiras de Malpica e palilleiras de Camariñas.

O stand da Deputación ten a súa localización na zona máis cosmopolita e comercial, Trintxerpe, alcumándose “cidade do dólar” polo boom industrial pesqueiro nos anos 60-70.