Nos días 4,5 e 6 de novembro a Deputación da Coruña mostrou e promocionou na WTM os Camiños de Santiago que discorren integramente pola provincia de Coruña
martes, 12 Novembro, 2019
No espazo ofrecido pola World Travel Market a Deputación da Coruña promoveu e deu a coñecer os Camiños Fisterra-Muxia e o Camiño Inglés de tódolos camiños que compoñen o Camiño de Santiago. Ditos camiños son especiais porque só transcorren polo territorio da provincia.
Este ano Antonio Leira xunto co persoal da Sección de Turismo participaron cun stand propio. Os visitantes que se pasaron polo stand tiveron a súa disposición material promocional da provincia e dos Camiños mencionados anteriormente. Pero non só isto estivo ao seu alcance, tamén puideron ver un vídeo relativo ao Camiño Inglés onde se amosaban os concellos que o constitúen.
Todo isto estivo acompañado de diversos actos e reunións no eido do programa do evento.