A Deputación da Coruña aumenta as sesións de debate do Foro Turismo Covid 19

Ante a boa acollida da iniciativa, a Deputación organiza novas sesións para escoitar ao sector do turismo e reflexionar sobre as mellores medidas ante o crisis ocasionada pola pandemia
xoves, 30 Abril, 2020

O xoves 30 abril as 18h: terá lugar  a sesión centrada no debate cos responsables de concellos:  "Os concellos no novo contexto do sector turístico" co seguinte programa:

18:00h Presenta Xose Regueira, vicepresidente e deputado de turismo da Deputación da Coruña
Modera: Pepe Formoso, profesional da comunicación e empresario de Turismo no Camiño de Santiago

18:15- 18:20h Rosa Sanchez, Axente de Desenvolvemento Local do Concello de Vimianzo

18:20- 18:25h Elena Carro, técnica de turismo do Concello de Betanzos

18:25- 18:30h Ada González, técnica de turismo no concello de Dumbria

18:30- 18:35h Ángel Arcay, técnico de turismo do Concello de Vimianzo

18:35- 18:40h Ignacio Fernández Dosil, Consultor, Docente e Técnico de Turismo no Concello de Noia
18:40- 18:45h Maite Parga, técnica de turismo do concello de Carballo

18:45- 18:50h Pancho Candela, ex director xeral de Política Turística do Ministerio de Transportes e concelleiro de Turismo de Santiago de Compostela dende 1999 ó 2007.
18:50 ata as 20:00h. Debate e preguntas/aportacións dos asistentes

Ante o éxito de participación do primeiro foro que tivo lugar o luns 27 de abril, aumentanse as sesións co seguinte calendario:

Luns 4 de maio de 11 a 12:30: Debate co mundo empresarial do turismo (1)

Xoves 7 de maio de 11 a 12:30: Debate co mundo empresarial do turismo (2)

Xoves 7 de maio de 18 a 19:30: Debate co mundo empresarial do turismo (3)

Luns 11 de maio de 11 a 12:30:  Comunicación e promoción dos recursos turísticos despois da pandemia (1)

Luns 11 de maio de 18 a 19:30: Comunicación e promoción dos recursos turísticos despois da pandemia (2)

Inscrición previa mandando nome e apelidos a foroturismocovid19@dacoruna.gal