A Deputación da Coruña compromete o seu apoio ao Forum Gastronómico Coruña

O deputado da área de Turismo, Xosé Regueira, e o concelleiro da Coruña, Alberte Lema, en calidade de presidente do Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña asinaron o convenio de colaboración.
xoves, 20 Xullo, 2017

O responsábel da área de Turismo da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, comprometeu o apoio ao Forum Gastronómico da Coruña coa sinatura do convenio polo que a institución achega un total de 218.000 €.

O deputado da área de Turismo, Xosé Regueira, e o concelleiro da Coruña, Alberte Lema, en calidade de presidente do Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña asinaron o convenio de colaboración polo que a Deputación da Coruña achega 218.000 € para o orzamento do Forum Gastronómico Coruña 2017.

Máis de 23.000 persoas asistiron ao evento que contou cun centenar de poñentes e máis de 70 actividades nun espazo feiral que superou nun 30% ao da edición anterior.

"O Forum é un escaparate para visibilizar a nosa produción e o sector turístico e unha oportunidade para mostrar os distintos destinos dun turismo de calidade e sustentábel", explicou Xosé Regueira que destaca tamén a coordinación e colaboración entre entidades públicas e privadas para na súa organización.