A Deputación da Coruña continúa a promoción do Camiño Inglés no Reino Unido.

Unha delegación encabezada polo deputado de Facenda, Antonio Leira, participou en eventos de promoción turística con destacadas autoridades do Condado de Durham e da localidade Bishop Auckland, ao noroeste da Inglaterra
Imaxe: 
Visita a Castillo de Bishop Auckland- colección de pinturas de Zurbarán
Inauguración del segundo tramo del Camino de Durham a Bishop Auckland
xoves, 24 Marzo, 2022

O 18 de marzo o deputado foi o encargado de inaugurar a sinalización do segundo tramo deste Roteiro Xacobeo en Bishop Auckland.

Así, e en presenza de Amanda Hopgood, lideresa do Condado de Durham e da alcaldesa da localidade, Katie Eliot, Leira emprazou o sinal simbólico do Camiño a Santiago no chamado Parque dos Cervos.

O deputado agradeceu á Asociación Friends of Finchale Camiño o seu labor de apoio no proxecto da Deputación de sinalización do roteiro xacobeo entre a catedral de Durham e a localidade Bishop Auckland, que agora está  perfectamenteseñalizada nos seus 20 quilómetros de percorrido.

Deste xeito, a Deputación continúa o seu labor de promoción deste Roteiro de peregrinación , sumándose esta acción á promoción xa feita da primeira etapa: desde o nacemento do Camiño Inglés, na abadía de Finchale, ata a catedral. Neste último tramo tamén colaborou a Xunta de Galicia, co financiamento da sinalización.

A comitiva tamén percorreu na súa visita un tramo xacobeo e participou en diversos encontros para coñecer máis de preto a realidade da zona.   Tamén se reuniu con persoal do concello de Bishop Auckland para decidir a localización da fonte do Camiño Inglés que a Deputación achegará, como parte do proxecto Life Water Way, cofinanciado con fondos europeos. Tamén se visitou  a xoia gótica do palacio do arcebispo e a Spanish Gallery, centro cultural que acolle a maior colección persoal do mundo do pintor  do século de ouro español, Zurbarán.

Aos actos tamén se sumou a xerente da Asociación de Concellos do Camiño Inglés, Cristina García sinalando que “moitas persoas presentes levan o pasaporte de peregrino, xa que esta etapa está recoñecida oficialmente como unha sección oficial do Camiño Inglés, como inicio do Roteiro cara a Santiago de Compostela”.

Para finalizar, Leira reuniuse con Michelle Gorman, directora da Axencia de Turismo do Condado de  Durham para tratar sobre accións conxuntas en materia de promoción turística buscando proxectos conxuntos de interese común.