A Deputación da Coruña é a convidada oficial da Feira Culturgal celebrada esta fin de semana no Pazo da Cultura en Pontevedra

Dende hoxe e ata a última hora da tarde do domingo, o stand da Deputación da Coruña mostra o seu programa cultural e ameniza aos asistentes cunha serie de actividades
venres, 30 Novembro, 2018

A 11ª Feira que reúne cultura e público, Culturgal abriu as súas portas este venres ás 11h da mañá no Pazo da Cultura de Pontevedra. Unha inauguración na que participaron personalidades da política local como a comitiva da Deputación de Pontevedra e a alcaldía.

A Deputación da Coruña ofrece aos seus asistentes una ampla variedade de folletos con toda a programación, na que se destacan os festivais máis importantes celebrados nos  concellos ou o Plan de Patrimonio 2020 que engloba distintos proxectos arredor do patrimonio arqueolóxico e xeolóxico da provincia. Por outra banda, cabe mencionar tamén o Turismo desde a Escola, que supón una iniciativa para dar a coñecer o patrimonio ás novas xeracións de entre 3 e 16 anos, con itinerarios que son formativos e divertidos ao mesmo tempo.

O stand conta, ademáis cun espazo de lectura cos libros achegados dende a sección de Cultura, así como marcapáxinas que conteñen a programación por parte da Deputación en Culturgal. Ao ser a convidada oficial conta cun gran espazo reservado destinado á exposición de mulleres artistas, con parte dos seus fondos.

Toda a información que se precise pódese consultar no stand, a través do seu persoal ou ben dos folletos expostos ao longo do día.

Segue a nosa participación en Culturgal no noso Twitter, Facebook e Instagram.